O lenzo dixital de colaboración de Microsoft 365 para reunións efectivas e aprendizaxe mediante participación.
Microsoft Whiteboard fornece un lenzo de forma libre e intelixente no que os teus equipos e ti poderedes idear, crear e colaborar de maneira visual a través da nube. Deseñado para admitir a entrada táctil, escritura en teclado e lapis, permíteche escribir ou debuxar coa mesma suavidade cá tinta. Incluso podes escribir texto, engadir imaxes, notas adhesivas ou unha grade de notas para expresar as túas ideas e empregar as reacción a fin de comunicar os teus pensamentos de forma visual. Contribúe ao traballo en equipo porque permite que todos os membros do equipo editen o lenzo en tempo real, estean onde estean. Empeza axiña inserindo un modelo xerado de antemán ou debuxa o teu gráfico de fluxo coa ampla biblioteca de formas. Non te preocupes, todo o teu traballo está a salvo na nube, listo para recuperar doutra localización ou dispositivo.