A aplicación Asesor de actualización de Windows 10 Mobile axúdate a saber se o teu teléfono Windows Phone 8.1 é válido para instalar a actualización a Windows 10 Mobile. Tamén axuda a liberar espazo no teléfono para que esteas listo para instalar a actualización. Ao abrir a aplicación, esta comproba o teléfono e infórmate de se é válido para instalar a actualización, se é necesario realizar outra actualización para poder instalala ou se non se pode actualizar.
Se o teléfono é válido para instalar a actualización, é posible que debas liberar espazo para poder facelo. A aplicación recomendará ficheiros, como vídeos ou fotos, que podes mover temporalmente a OneDrive ou á tarxeta SD, se tes unha instalada. Podes aceptar as recomendacións ou escoller que ficheiros queres mover. Se queres, tamén podes eliminar algúns ficheiros. Se moves os ficheiros a OneDrive, deberás usar esta aplicación para restaurar os ficheiros no teléfono despois de instalar Windows 10 Mobile.