Emparella pezas para completar os crebacabezas neste emocionante xogo cun toque especial! As pezas son cúbicas e forman crebacabezas en 3D. Se non atopas unha parella, rota o crebacabezas para descubrir as pezas na outra cara! Taptiles® inclúe tres modos de xogo e innumerables crebacabezas para unha experiencia de xogo única!
Modo Velocidade
Neste modo terás que despexar pezas rapidamente para gañar tempo adicional. Cantos crebacabezas completarás antes de que acabe o tempo? Emparella rápido e consigue pezas con bonificacións que cambian o ritmo da partida, como a peza salvaxe, a peza de xemas ou a peza de tempo. Os crebacabezas deste modo son curtos e sinxelos, perfectos para unha partida rápida e emocionante.
Modo Orixes
Xoga a este modo para ter unha experiencia de xogo inigualable. Orixes presenta crebacabezas máis grandes e difíciles, e un límite de tempo máis amplo. Enfróntate a cada crebacabezas e tenta resolvelo dentro do tempo límite.
Modo Relaxación
Completa os crebacabezas sen a presión do tempo neste relaxante modo.
Desafíos diarios
Os xogadores reciben desafíos novos todos os días. Consigue insignias ao completar suficientes Desafíos diarios ao longo dun mes e compite cos teus amigos.
Integración con Xbox
Inicia sesión coa túa conta de Xbox para conseguir logros, competir cos teus amigos, publicar as túas puntuacións nos marcadores e ver as túas estatísticas de xogo.
Fermosos gráficos e son
Xoga a Taptiles e transpórtate a un misterioso mundo cheo de pezas cúbicas e crebacabezas en 3D que só ti podes resolver. Reláxate en tranquilos xardíns e fermosas paisaxes que cobran vida a través dos marabillosos gráficos e efectos.