Tanto se es un artista como se só queres facer uns garabatos, con Paint 3D poderás deixar libre a túa creatividade e darlle vida ás túas ideas. Deseñamos de novo o Paint clásico, cunha aparencia actualizada e moitísimas ferramentas e pinceis novos. Agora, podes crear en todas as dimensións. Crea obras de arte en 2D ou modelos 3D cos que poidas xogar desde todos os ángulos posibles.