GroupMe é a maneira rápida, fácil e gratuíta de estar en contacto con amigos e familiares.
Organiza unha festa, planea eventos, mantén o contacto con amigos e familiares ou coordínate cos compañeiros do traballo. Todo desde un mesmo lugar.
GroupMe funciona en Windows, iOS, Android e a Web para que esteas sempre en contacto.
GroupMe, para todos os grupos que forman parte da túa vida
“Cámbiache a vida… Absolutamente indispensable” — Gizmodo
• COMEZA A CHATEAR GRATIS
Crear un grupo é moi doado: só tes que engadir o número de teléfono ou o enderezo de correo electrónico dos membros.
• INTEGRADO CON WINDOWS
Podes ver os grupos directamente desde a aplicación Xente e responder deseguida ás mensaxes grazas ás notificacións interactivas. Se queres, tamén podes compartir fotos e ligazóns cos teus grupos doutras aplicacións.
• TI TES O CONTROL
Escolle o tipo de notificacións que desexas recibir e cando queres recibilas, apaga ou pospón un chat cando se volva ruidoso de máis e utiliza as @Mencións para atopar as mensaxes dirixidas especificamente a ti.
• DIVERSIÓN SEN FIN
Namórate dos nosos exclusivos emoji, crea memes e busca e comparte vídeos e GIF animados. Todo sen saír de GroupMe.
• ORGANÍZATE FACILMENTE
Crea e comparte eventos cos teus grupos, consulta quen asistirá e descubre a quen lle gustan as túas mensaxes.
• CHATEA ONDE E CANDO QUEIRAS
Non importa se estás diante do computador, na casa ou dando unha volta, xa que podes seguir en contacto facilmente desde o teu teléfono ou tableta.
Na clase ou no traballo, GroupMe permíteche manter o contacto para asegurarte de que nunca te perdes nada.
Reúne de contado o teu grupo con GroupMe.
Queremos coñecer a túa opinión.
Correo electrónico: support@groupme.com
Twitter: @GroupMe
Facebook: facebook.com/groupme
NOTA: O chat por SMS só está dispoñible actualmente en Estados Unidos. Poden aplicarse as tarifas estándar de mensaxería.
Directiva de privacidade: https://groupme.com/privacy
Feito con amor desde Nova York
Membro da familia Skype