Thorium Reader é unha aplicación de lectura gratuíta, moi accesible, multilingüe e multiformato. Ten unha interface de usuario moderna sen anuncios nin fugas de datos privados.
Esta aplicación é un dos mellores lectores de EPUB 3 do mercado; tamén podes ler ficheiros PDF ou DAISY e escoitar audiolibros.
Thorium Reader admite publicacións protexidas con Readium LCP DRM tomadas en préstamo das bibliotecas públicas ou adquiridas en sitios web de libreiros.
Este proxecto de código aberto do European Digital Reading Lab está en constante evolución: por favor, axude co seu desenvolvemento en https://github.com/sponsors/edrlab. E non esquezas deixar un comentario neste sitio!