Kate é un editor de texto creado por KDE que permite traballar en varios documentos e con varias vistas ao mesmo tempo. Goza de moitas funcionalidades, como pregado de código, salientado de sintaxe, axuste dinámico de texto, un terminal integrado, unha extensa interface para complementos e funcionalidades preliminares de scripting.
Funcionalidades:
* Interface para varios documentos, división das xanelas, xanelas con lapelas
* Corrección ortográfica.
* Compatíbel cos fins de liña CR, CRLF e LF.
* Compatíbel con varios sistemas de codificación de texto (UTF-8, UTF-16, ASCII, etc.).
* Conversión entre sistemas de codificación.
* Funcionalidade de atopar e substituír baseada en expresións regulares.
* Potente realzado de sintaxe e de parellas de parénteses.
* Pregado de código e texto.
* Funcionalidade de desfacer e refacer sen limitacións.
* Modo de selección por bloques.
* Sangrado automático.
* Funcionalidade de completar automaticamente.
* Integración co intérprete de ordes.
* Compatibilidade con numerosos protocolos (HTTP, FTP, SSH, WebDAV, etc.)
* Arquitectura de complementos para a aplicación e o compoñente do editor
* Atallos personalizábeis.
* Liña de ordes integrada.
* A súa funcionalidade pódese ampliar mediante scripts escritos en JavaScript.