Crea boletíns, presentacións e documentación cun aspecto abraiante en cuestión de minutos.
-- Engadir contido facilmente desde calquera lugar --
Insire fotos, vídeos e outros elementos multimedia facilmente. Sway está integrado co teu dispositivo, redes sociais e a web.
-- Ver os resultados de busca suxeridos segundo o teu contido --
Sway realiza suxestións de buscas para axudarte a atopar imaxes, vídeos e outro contido que podes arrastrar e soltar directamente na túa creación. Non precisas facer malabares con aplicacións e páxinas web para atopar o que buscas.
-- Aforrar tempo cun deseño sinxelo --
O motor de deseño de Sway configura o teu contido de forma atractiva; só terás que facer os retoques finais para conseguir un estilo que te convenza.
-- Asombrar ao teu público cun lenzo en liña --
Sway adáptase de forma dinámica para ter un bo aspecto en calquera pantalla e pode compartirse e coeditarse cun sinxelo URL.
-- Facer máis en Sway con Office 365 --
Engade ficheiros facilmente desde a túa conta de OneDrive e converte contido de Word ou OneNote nun Sway dinámico cun par de clics.