Mediante a nova aplicación móbil de Educamos os profesores poden realizar a xestión completa da actividade da aula desde a súa Tablet, en calquera lugar e sen necesidade de estar conectados.
Os datos utilizados na APP son os mesmos que atoparemos en Educamos. A información nunca se duplica e actualízase cun eficaz proceso de sincronización.
A aplicación móbil permíteche:
PROGRAMAR CLASES
Os profesores poden crear, editar e/ou eliminar tarefas, exames e recordatorios para os seus alumnos e mesmo anotacións privadas para eles mesmos.
PLANIFICAR A AXENDA
Desde a axenda tamén poden administrar tanto os eventos persoais como as entrevistas e reunións, así como visualizar aquelas nas que participen.
PASAR LISTA
Desde cada unha das sesións de clase o profesor pode pasar lista aos seus alumnos. Ademais permítelle levar un seguimento doutro tipo de incidencias definidas polo colexio (comportamento, tarefas non entregadas…).
COÑECER A INFORMACIÓN DOS SEUS ALUMNOS
O profesor ten acceso instantáneo á información persoal e de contacto dos seus alumnos e os seus correspondentes familiares.