Adestra a túa axilidade mental en Microsoft Minesweeper! Usa a lóxica e a estratexia para despexar o taboleiro sen detonar ningunha mina. Explora o icónico e orixinal xogo do Buscaminas agora ACTUALIZADO con NOVOS temas, modos de xogo, máis desafíos diarios, logros e un INNOVADOR sistema automático de presión simultánea dos botóns. DIVERSIÓN para todas as idades!
MODO CLÁSICO:
O Buscaminas orixinal da década de 1990 que che encantaba pero ACTUALIZADO!
Coloca as BANDEIRAS para marcar as posibles minas ou usa as ferramentas para resolver o crebacabezas máis rápido. Acumula puntos de experiencia para subir de nivel e gaña NOVOS títulos e insignias. Pasa o tempo co icónico emoji do Buscaminas nos NOVOS temas. Autodesafíate cambiando a DIFICULTADE, escollendo o taboleiro e obtendo LOGROS.
MODO AVENTURA:
Emprende unha expedición polo labirinto do Buscaminas usando as túas habilidades para guiar un afouto heroe de forma segura até o centro da Terra. Saquea, descubre armas, vence os inimigos e evita os perigos ocultos. Completa o taboleiro para subir de nivel e continuar coa travesía.
DESAFÍOS DIARIOS:
Cinco (5) DESAFÍOS DIARIOS cada día. Escolle entre Clásico, Bandeiras, Detonación, Busca do tesouro e Toques. Complétaos TODOS ao longo do mes para gañar unha INSIGNIA DE PERFECCIÓN! Subscríbete a Premium para retomar desafíos diarios pasados que quedaron sen xogar.
CONSEGUE PUNTOS DE EXPERIENCIA E SUBE DE NIVEL:
Acumula puntos de experiencia para subir de nivel e gañar NOVOS títulos e insignias. Inicia sesión cunha conta de Microsoft para gardar o teu progreso, nivel, puntos de experiencia e logros. Podes xogar en varios dispositivos se inicias sesión coa mesma conta de Microsoft. Retómao onde o deixaches ou xoga a Microsoft Minesweeper en calquera lugar.