Office Lens recorta, mellora e fai que as imaxes de encerados e documentos sexan lexibles. Podes usar Office Lens para converter imaxes a ficheiros PDF, Word e PowerPoint e mesmo podes gardar imaxes en OneNote ou OneDrive.
Office Lens é como un escáner de peto. Por arte de maxia, dixitalizará notas de calquera encerados. Así, sempre terás á man os documentos importantes e os cartóns de visita. Bosquexa as túas ideas e fai unha foto para máis adiante. Non perdas os recibos nin as notas de novo!
Se instalas a aplicación, aceptas estes termos e condicións: http://aka.ms/olenswindowsterms.
Escenarios:
- Captura e recorta a foto dun encerado e comparte as túas notas da reunión cos compañeiros.
- Fai copias dixitais dos documentos, cartóns de visita ou pósters impresos e recórtaos con precisión.
- O texto impreso e escrito recoñecerase automaticamente (cun OCR) de modo que poderás buscar palabras nas imaxes, copialas e editalas.