Microsoft PowerPoint é a mellor aplicación para revisar, fornecer e crear presentacións en teléfonos e tabletas Windows (cun tamaño de pantalla de 10.1 polgadas ou máis pequenas). *O 12 de xaneiro de 2021 chegará o fin de asistencia desta aplicación en teléfonos que usen Windows 10 Mobile. Máis información en https://aka.ms/OfficeWindows10MobileEOS.*
***Precísase unha subscrición a Office 365 para editar presentacións en equipos de escritorio, portátiles, tabletas grandes e con Continuum* para teléfonos. Para obter máis información, consulta os requisitos seguintes. ***
PRESENTACIÓNS EN MOVEMENTO
• Prepara e presenta desde o teléfono ou tableta.
• Debuxa nas diapositivas á vez que presentas para resaltar os puntos chave.
REVISA E EDITA MENTRES TE MOVES
• Accede aos teus ficheiros dende calquera parte, grazas á integración con OneDrive, Sharepoint e Dropbox.
• Non te preocupes por gardar os cambios. Cando edites na tableta ou teléfono, PowerPoint garda o traballo para que non teñas que facelo ti.
• Comparte as presentacións cun par de toques e invita a outros a que as revisen.
• Traballa en equipo e edita presentacións con outras persoas simultaneamente.
• Atopa os comandos correctos rapidamente. Infórmame lévate á característica que precisas.
CREA CON CONFIANZA
• Usa o teu teléfono coma un computador para editar e revisar presentacións nunha pantalla grande.
• Impulsa os teus proxectos con temas perfectamente deseñados.
• Usa funcións de formato enriquecido familiares para contar a túa historia.
• O deseño e distribución das presentacións vense limpos e fantásticos, independentemente do dispositivo que uses.
REQUISITOS
Esta versión de PowerPoint creouse para teléfonos e tabletas (cun tamaño de pantalla de 10,1 polgadas ou menor). Neses dispositivos podes ver, crear e editar presentacións de PowerPoint de forma gratuíta. Precisas unha subscrición a Office 365 certificada para usar as características avanzadas. Obtén máis información en www.office.com/information
En tabletas máis grandes, portátiles e equipos de escritorio podes ver as presentacións de forma gratuíta. Precísase unha subscrición a Office 365 certificadapara crear e editar presentacións. Office 365 tamén inclúe as últimas versións para escritorio de Word, Excel, PowerPoint, OneNote e Outlook, recomendadas para o seu uso en equipos de escritorio e portátiles. Podes rexistrarte en Office 365 dentro da aplicación e conseguir un mes gratis se é a primeira vez que te rexistras.
*Continuum para teléfonos so está dispoñible para determinados teléfonos Windows 10 Premium. Precísase un accesorio compatible con Continuum, ademais dun monitor externo cunha entrada HDMI.