Microsoft Excel é a mellor aplicación para revisar, actualizar e crear follas de cálculo en teléfonos e tabletas Windows (cun tamaño de pantalla de 10.1 polgadas ou máis pequenas). *O 12 de xaneiro de 2021 chegará o fin de asistencia desta aplicación en teléfonos que usen Windows 10 Mobile. Máis información en https://aka.ms/OfficeWindows10MobileEOS.*
***Precísase unha subscrición a Office 365 para crear e editar follas de cálculo en equipos de escritorio, portátiles, tabletas grandes e con Continuum* para teléfonos. Para obter máis información, consulta os requisitos seguintes. ***
FOLLAS DE CÁLCULO EN MOVEMENTO
• As follas de cálculo vense fantásticas no teléfono e a tableta: Fórmulas, gráficas, táboas e formatos condicionais, todos xuntos no mesmo sitio.
• Continúa onde o deixaches: Excel recorda onde estabas, incluso se cambias de dispositivo.
REVISA E ACTUALIZA EN CALQUERA PARTE
• Accede aos teus ficheiros dende calquera parte, grazas á integración con OneDrive, Sharepoint e Dropbox.
• Fai cambios rapidamente cun simple toque co dedo. Arrastra columnas e move follas de cálculo. Toca para engadir datos, formatar gráficas e desprazarse por follas de cálculo grandes.
• Non te preocupes por gardar os cambios. Cando edites na tableta ou teléfono, Excel garda o traballo para que non teñas que facelo ti.
• Comparte follas de cálculo cun par de toques e invita a outros a que as revisen.
• Atopa os comandos correctos rapidamente. Infórmame lévate á característica que precisas.
CREA CON CONFIANZA
• Usa o teu teléfono coma un computador para editar e revisar follas de cálculo nunha pantalla grande.
• Impulsa os teus proxectos con modelos que aforran tempo.
• Engade fórmulas cun teclado en pantalla que ten funcións comúns integradas.
• Usa opcións de deseño e formato enriquecido familiares para expresar as túas ideas.
• O formato e deseño das follas de cálculo vense limpos e fantásticos, independentemente do dispositivo que uses.
• Explora os datos visualmente con tipos de gráficas totalmente novos, coma as gráficas de rectángulos aniñados, de círculos concéntricos e de fervenza.
REQUISITOS
Esta versión de Excel creouse para teléfonos e tabletas (cun tamaño de pantalla de 10,1 polgadas ou menor). Neses dispositivos podes ver, crear e editar follas de cálculo de Excel de forma gratuíta. Precisas unha subscrición a Office 365 certificada para usar as características avanzadas. Obtén máis información en www.office.com/information
En tabletas máis grandes, portátiles e equipos de escritorio podes ver as follas de cálculo de forma gratuíta. Precísase unha subscrición a Office 365 certificadapara crear e editar follas de cálculo. Office 365 tamén inclúe as últimas versións para escritorio de Word, Excel, PowerPoint, OneNote e Outlook, recomendadas para o seu uso en equipos de escritorio e portátiles. Podes rexistrarte en Office 365 dentro da aplicación e conseguir un mes gratis se é a primeira vez que te rexistras.
* Continuum para teléfonos so está dispoñible para determinados teléfonos Windows 10 Premium. Precísase un accesorio compatible con Continuum, ademais dun monitor externo cunha entrada HDMI.